Saltar ao contido

Edme-Louis Daubenton

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEdme-Louis Daubenton

Lápida de Edme-Louis Daubenton na igrexa de Saint-Pierre en Avon
Biografía
Nacemento12 de agosto de 1730
Montbard, ducado de Borgoña
Morte12 de decembro de 1785
Avon, Francia
Lugar de sepulturaSaint Peter Church of Avon (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
País de nacionalidadefrancesa
Actividade
Ocupaciónentomólogo, ornitólogo, naturalista

Edme-Louis Daubenton, nado o 12 de agosto de 1730 en Montbard, ducado de Borgoña, e finado o 12 de decembro de 1785 en Avon, vila do hoxe departamento de Seine-et-Marne (Francia), foi un entomólogo, ornitólogo e naturalista francés, primo de tamén naturalista Louis Jean Marie Daubenton.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Georges-Louis Leclerc, conde de Buffon contratou a Edme-Louis Daubenton para supervisar as ilustracións en cor da súa monumental Histoire Naturelle (1749–1789). As láminas comezaron a aparecer en 1765 e finalmente contaba con 1 008 placas, todas gravadas por François-Nicolas Martinet (1731–1800), e todas pintadas a man. O editor parisiense Panckoucke publicou unha versión sen texto entre 1765 e 1783. Máis de 80 artistas participaron na realización das pinturas orixinais. Delas, 973 refírense a aves; outras ilustran especialmente bolboretas, pero tamén outros insectos, corais, etc. As ilustracións non tiveron moito éxito, pero permiten facer unha boa determinación das especies ilustradas, algunhas delas hoxe extintas.

Como Buffon non seguiu o sistema de nomenclatura biolóxica desenvolvido por Carl von Linné en 1783, Pieter Boddaert (1730–1796) publicou unha táboa da correspondencia dos nomes utilizados cos nomes binomiais linneanos.

Edme-Louis Daubenton faleceu en Avon, Seine-et-Marne, e está sepultado na igrexa de Saint-Pierre desa localidade.

Publicación

[editar | editar a fonte]
  • Daubenton, Edme-Louis (1765–1783). Planches enluminées d'histoire naturelle. Volumes 1-10. Martinet, François-Nicolas (gravador). Paris. doi:10.5962/bhl.title.51460. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]